Registrado en Turismo

é un aloxamento rexistrado en Turismo co núm.
TU984Z RITGA-E-2017-001212

Turgalicia
Facebook
Blog
Casa Rural da Costa da Morte

Como chegar desde A Coruña ata O Pindo

Pola autoestrada AG-55 ou pola estrada C-552 que une esta cidade con Fisterra. Ao chegar a Cee desviámonos á dereita pola comarcal C-550 en dirección Muros e tras pasar O Ézaro, chegamos ao Pindo. A casa está situada ao final da vila, deixando atrás o porto, fronte á praia (un cartel de sinalización indícanos a súa situación).

Duración do traxecto de A Coruña a O Pindo: 1h 20 minutos

Como chegar desde Santiago de Compostela ata O Pindo

O traxecto máis curto é pola AC-544, que pasa por Negreira. Logo do cruce do Pino de Val, chegamos a Berdeogas, onde se accede á C-552, que nos conduce a Cee. Unha vez alí, desviámonos á dereita pola comarcal C-550 en dirección Muros. Logo de pasar O Ézaro, chegamos ao Pindo.

 

Se temos tempo, hai un traxecto un pouco máis longo pero máis agradable, pois transcorre pola costa. Para facelo, desde Santiago de Compostela dirixímonos a Noia e desde alí, pola C-550, tras cruzar Muros e Carnota, chegamos ao Pindo.

Duración do traxecto de Santiago de Compostela a O Pindo: 55 minutos.

Como chegar desde Vigo ata O Pindo

Desde Vigo ata Santiago de Compostela chégase pola autoestrada AP-9.

 

A partir de Santiago de Compostela débese seguir o camiño descrito arriba.

Duración do traxecto de Vigo a O Pindo: 1 hora e 45 minutos.

Coordenadas GPS da Casa Rural A Laxe: Lonxitude -9º 8' 2.1192" (-9.133922), Latitude 42º 53' 28.842" (42.891345).

Teléfono: (34) 695 366 501 - (34) 645 894 024

E-mail : info@casaalaxe.com

 
Casa Rural da Costa da Morte
Casa Rural da Costa da Morte

Desenvolvido por Korku Soft. Internet e Informática © 2009 | Aviso Legal e Condicións Xerais de Contratación

Alojamientos conectados FEDER Q Calidad Turística FEDER